sábado, 21 de abril de 2007

XII Asalto Irmandinho ao Castelo de Vimianço



A associaçom AXVALSO: "Associaçom Xuvenil Val de Soneira", leva jà doce anos organizando a Festa Irmandinha do Asalto ao Castelo - Fortaleça de Vimianço.
A través destes doce anos, hà muitas histórias que contar.
Este blogue pretende ser umha plataforma para que, a partir de aquí, tudos e tudas possam entrar para fazerem suas aportaçoes, comentários, perguntas ou quaisquer cousa que se vos ocorra.

Para ilustrarnos um chisco, que nunca vem mal, imos começar com a história da fortaleça, que é um pouco a história do nosso val, da Costa da Morte, em geral, e mesmo da Galiza a partir do medievo:

Para esso temos a Wikipédia, que nos conta todinha a história da fortaleça:

"Construido entre finais do século XII e principios do XIII, posiblemente pola familia Mariño de Lobeira. Desta primeira construción apenas queda nengún vestixio, pese a que escavacións arqueolóxicas levadas a cabo na década dos oitenta descubriron os cimentos dunha gran torre no actual patio de armas.
No ano 1348 o rei Afonso XI confiscou esta fortaleza a Roi Soga Mariño de Lobeira, para venderlla ao arcebispo compostelano Xoan García de Manrique. Pasou despois a mans do duque de Arjona, Fadrique Enriquez e calcúlase que entre 1425 e 1429 pasou por primeira vez a formar parte das propiedades dos Moscoso. A historia deste castelo vincúlase dende entón a nobre familia dos Moscoso de Altamira, emparentados coa familia dos Traba, familia a dos Moscoso que constituirán o Condado de Altamira na persoa de Lope Sánchez de Moscoso, primeiro conde de Altamira.
Neste lugar tivo Pedro Madruga preso ao bispo de Tui, Diego de Muros, que pagou polo seu rescate setecentos mil reais.
Durante a revolta irmandiña este castelo non foi unha excepción, asediado foi tomado polas armas e destruido en 1467. Pouco antes, en 1465, serviu de prisión para o Arcebispo de Compostela Alonso de Fonseca II, engaiolado nunha xaula (que a lenda dí de ouro), durante dous anos, por orde de Bernal Sánchez de Moscoso.
Ó rematar a revolta o castelo reconstrúese por orde de Fonseca II. non será ata 1472 cando volte a máns dos moscoso por obra do Conde de Altamira, Lope Sánchez de Moscoso. A partir deste momento será o centro da xurisdición señorial de Vimianzo, con dominio sobre Camariñas, Laxe, Zas e Muxía.
A partires do século XVI co traslado dos Altamira a corte administrarán as súas posesións os alcaides ou meriños.
En 1833 suprímense as xurisdicións señoriais e so Altamira venden o castelo en 1870 a Ramón Martelo Núñez.
A última gran reforma foi realizada no século XIX por Evaristo Martelo Paumán, Marqués de Almeiras, xa que nesta época o castelo estaba en bastante mal estado polo que acometeu obras para facelo habitable. Posteriormente a súa filla, Dolores Martelo de la Maza, solteira e sen descendencia, cedeu a fortaleza, ironias do destino ao Arcebispado de Santiago, que tanto puxara por él en tempos pretéritos. Finalmente en 1973 foi comprado pola Deputación da Coruña, que o acondicionou para a súa visita."

Jà vedes: Os Moscoso- A cabeça de lobo do seu ecudo de armas figura no escudo do nosso concelho-, os Altamira, os Traba, Pedro Madruga, os Irmandinhos, o Arcebispo Fonseca...
Também o poeta Evaristo Martelo Paumán-o apelido de la Maza é Martelo castelaniçado, nao é?-

Só falta nesta história um dato glorioso e triste, que recolhe Luis Lamela no seu livro sobre a repressom franquista na Costa da Morte:



Nos primeiros dias do mes de Avril do 1936, o alcalde de Vimianço, ao frente dos republicanos de todo o concelho, tomam o castelo como símbolo da sua rebeldia contra o golpe militar.
Já vos podedes imaginar como rematou o alcalde, ainda que nom chegou a se saber nunca, e a maior parte destes republicanos-irmandinhos do século XX.





Bem, pois contada jà a História, agora imos contar a história, ou as histórias da festa que organizam os moços e moças de Axvalso.
Nestes once anos passados, forom mudando cousas e permanecendo outras, assim como na vida também hà cousas que mudam, mas ideias q8ue nos animam e nom mudam nunca em nossos projectos.

A Ubicaçom:

Quando o festival enceta sua andadura, o cenário dos concertos era um campo público que fica diante do paço da família Noguera Paz y Garcia de Seárez, comunmente chamado Paço de Trasarîs.

Após de dous anos sem problemas, a devandita família chama a Guarda Civil para que impeda a celebraçao alegando que o campo é seu.
O alcalde lava as mans e a família planta umhas tulhas arredor do campo que, na lembrança da vizinhança mais velha, sempre fora propriedade comunal.


Bem. Jà sabedes como vam as cousas pola Costa da Morte. Que vos vou contar.

Para o seguinte ano, outra família da vila que reside em Compostela e tem umha leira ao mesmo pé do Castelo, cede de graça o terreio e alí se celebra a festa durante uns anos.


Por fim, nestes últimos anos, a festa celébra-se no Lavadoiro da Torre, baixando pola estrada da Corunha a mao dereita, um terreio municipal cumhas fermosas vistas do castelo iluminado.

Os Grupos:


Polo festival tem passado grupos de música de tuda caste de estilos e jeitos de actuar:


Desde as Mulheres Caboverdianas, Alberto Bundi e a Turma Angologalaica, Os Festicultores Troupe, Macfeck, Golem System,Xurxo Souto e os Tres Trebons, Os Cuchufellos, e outros tao bons coma eles, mas que agora seria algo longo enumerar.






Mas, se algúm deles lé o blogue, pode-se ir pondo, assim, em inter-ativo, que agora é o que mola.





Seria um verdadeiro prazer.




A Filosofia:
Em palàvras das própria associaçom, a filosofia da festa seria mais ou menos esta:

"O nacemento desta festa parte desta asociación cultural chamada Axvalso (Asociación Xuvenil Val de Soneira) que decide conmemorar por vez primeira no ano 1995, as revoltas irmandiñas que tiveron lugar no castelo de Vimianzo durante os anos 1467-1469.

A festa parte do concepto “teatro nas rúas “ e o seu obxectivo principal é a diversión e a participación activa do público.

campesiñ@s a asaltar o castelo, defendido por un monstro-señor acompañado dun grupo de defensores.




A partires deste sinxelo esquema desenrolanse os elementos teatrais que interactúan co visitante. Os asistentes deben moverse activamente para participar na historia, recibir o guerreiro, descubrir a meiga e xuntos coller o ariete que romperá as portas do castelo. Seguindo o percorrido chégase a fortaleza onde ten lugar unha batalla cómica entre defensores e irmandiños, a queima do señor e o asalto final da torre.



O comité organizador parte dun concepto moi claro, esta non é unha festa histórica entendida ó modo tradicional. O asalto ofrece importantes diferencias con respecto a outras festas que se realizan actualmente en Galicia.
A representación parte dun concepto histórico pero se articula en función da capacidade de sorpresa e diversión, se fusiona o moderno e o clásico, o absurdo e o cabal, o serio e o cómico. Sempre mantendo unha idea clara e única, a mensaxe revolucionaria dos irmandiños que segue vixente neste comenzo de milenio.







>





Esta festa acompáñase coa organización de diferentes actividades pola tarde, teatro para nenos, pasarúas, malabares, títeres...e un concerto étnico-folk no que actúan varios grupos, antes e despois de asaltar ó castelo."



Só me queda dizer que este ano a festa será o 7 de Julho, que aguardamos por todos e todas vós e que a festa nao vos vai defraudar.
E em esso, empenho minha palàvra.


Haverá toucinho enfrevelhado, vinho e chouriços à grelha de graça e sem límite, até esgotar as existências.






Também toda caste de licores, cerveja, camisolas...Esto jà pagando um prezo razoavel, jà que a festa auto-financia-se quase na sua totalidade.


E o melhor: Tudos poderedes participar na leva do ariete e dos fachoes, na batalha de vexigas de água, escuitar a prédica do bispo sobre as muralhas, chamando-vos ao arrepentimento, ou ver estoupar ao senhor do Castelo numha fonte de fogos de artifício.




Umha nuite inesquecível.



Este blogue ira-se actualizando, quando se saiba o programa deste ano e nasce com a ideia de que todo o mundo possa entrar, ver e participar.
Para contatar com a organiçaçom:

asvalxo@hotmail.com


Umha aperta para tudos desde o Val de Soneira, Vimianço, coraçao da Costa da Morte.
Bicos.


7 comentários:

Anónimo disse...

Magnífica páxina.
A festa, à que asisto sempre que podo, incrível:
História, música, papeo, e festa na que todos os asistentes poden participar.
Eso si. Ollo coas bombas de auga.
Son de tres estalos.,

Jorge P. Guedes disse...

Imagens muito lindas e informação muita!

Um aperta e desejos de muitas felicidades e de muita saúde.

Jorge G
O Sino da Aldeia

Suso Lista disse...

Casi sempre coincide ca Noite de Encantos na Furna, de Corme, pero desde logo, non penso morrer, sin tirar abaixo esas portas, e celebralo con tanta xente que vexo e coñezo nesas fotos.

rifenha disse...

Por que, na Costa da Morte, nao fazemos um "Planning" de festas para o verao?
Também jà é má sorte a coincidéncia...
Claro que o verao é tao curto e asfestas tantas...
Mas espero ver-te algum dia por aquí, turrando polo ariete.

aminhapele disse...

Claro que contas com mais um "visitante" assíduo.
Felicidades neste novo sítio
PEDECABRA
TIROMANTE

Tozé Franco disse...

Bonitas fotografias e excelnet texto. Já fiquei com vontade de ir à Galiza que, para mim, é como uma 2ª casa. Quando ai vou sinto-me em casa. Não sei se por ter uma avô Galego, mas com toda a certeza pelas gentes, pela comida e pelas paisagens.
Até um dis destes.

rifenha disse...

Até que você queira. Se vem por Vimianço, será bem recebido.
Sempre recebemos bem aos irmaos do sul.