Agora mesmo acabo de receber por e-mail tudo o referente à festa do Asalto deste ano.
Hà cousas que jà ficam explicadas na primeira entrada. Do resto, agora mesmo informo:
PROGRAMA
PARA OS MAIS PEQUENOS:
ACTIVIDADES LÜDICO-IRMANDINHAS!!!
Praza da Igrexa (12:00h)
Xogos e Malabares: Buxainas, Mariola, Diábolo, Ra, Goma, Chapas, Aros...
Pinta “Mandalas” no Chan
Actividades co Paracaídas
Con
Lavadeiro da Irmandade (17:30h)
AsaltoXogos Populares e Tradicionais
Petanca, Chave e Ra
Zancos e Porca
Bolos, Birlos, Ariños e Bólas
Carreiras de Sacos
Tira-soga e Comba...
Obradoiro Irmandiño
(con refugallos)
PARA OS MAIS GRANDES:
20.30 H. -TOUCIÑO Á GRELLA E VIÑO DO PAÍS, DE BALDE
22.00 H. – CONCERTO DEIXA QUE XÁ
23.00 H. – CONCERTO BERROGÜETTO
00.30 H. -ASALTO Ó CASTELO
01.30 H. – CONCERTO PÉ DE BOI
02.30 H. –CONCERTO BLACK BUM
INFO:
-Entrada libre
-Zona de acampada
-Sen Botellón, a festa sufrágase cos ingresos recadados na cantina situada no campo da festa.
Informaçao dos Grupos- Agás de Berrogüeto que jà conhecedes pola entrada anterior-:
22.00 DEIXA QUE XA
Este peculiar grupo cosmopolita aposta polo intercambio e irmandade entre culturas.
Deixa que xa creouse no ano 2000 e actualmente está composto por seis músicos e seis bailaríns.
Todo o seu repertório inspírase nas músicas e danzas tradicionais, respectando e protexendo as diferencias culturais dos seus compoñentes.
Expresión de sentimentos, celebración de acontecementos e evolución en cambio constante. Eles defenden o rexurdimento das músicas e danzas tribais para que saian do seu entorno e recobren vida.
23.00 BERROGÜETTO
01.30 PE DE BOI
O grupo Pé de Boi preséntase como unha formación atípica dentro do panorama musical galego, tanto polo seu repertorio como pola súa música. A súa identidade propia queda ben definida no seu terceiro disco: Ano de Brétema, onde se prescindiu premeditadamente do uso da gaita na instrumentación.
Recoñecen influencias tanto das formacións tradicionais galegas como das bandas de música dos Balcáns, os ritmos afrolatinos e as harmonías árabes.
Definidos como "os novos alquimistas da música galega” presentan unha traxectoria única e e unha formación orixinal, unidos a un estilo propio e diferenciado.
02.30 BLACK BUM
Formación composta por once experimentados músicos chegados de distintos universos musicais e de procedencia tan diversa coma Brasil, Senegal e Galicia. Black Bum está considerado un dos grupos revelación deste ano en Galicia. A banda combina nos seus ritmos diferentes influencias de música negra: samba, funk, jazz, reggae, hiphop, electrónica...
A súa primeira gravación realizouse para participar nun dos festivais de reggae máis importantes do país, onde acadou o primeiro premio: O Foundation Reggae Festival. Tamén foron gañadores da final Norte do concurso organizado por Dyc no 2006. Neste ano o grupo está a gravar a súa segunda demo coa que espera consolidarse no panorama musical nacional.
O son de Black Bum sorprende, invita a bailar e deixa moi bó sabor de boca alá onde se presente, facendo que xentes de tódalas idades, condicións e tendencias gusten do seu carácter e singularidade no directo.
Como vedes, tudo listo para passar umha nuite de festa rachada e história. De revoluçao festiva.
Os melhores desejos para os que se animem a vir a Vimianço.
6 comentários:
Hola, son un rapaz de Ferrol que asistín o ano pasado ao asalto e gustoume moito. Este ano a miña sorpresa maior é o cambio de fechas. Bueno namais que felicitarvos pola orgasnización do ano pasado, seguide asi. e lamento que este ano non vaia ir por coincidir co festival de ortigueira. unha pena xa que esperaba ansioso a chegada deste festival. non pasa nada, tampouco pode chover a gusto de todos, eu sigo animandoos a que sigades medrando pouco a pouco e espero voltar a ir a ese pedazo de revolta irmandiña.un saudo e ¡forza irmandiños!
Mágoa, Carlos, mas este ano o primeiro fim de semana de Julho quadra assim.
Obrigados polos teus ánimos e espero que volvas para outra vez.
Umha aperta.
Desde Laxe também assistiremos ao asalto!! Somos um grupo de amigos que vamos desde há, acho, cinco anos e cada edição gostamos mais.
Mas eu sou um nostálgico e gostava mais dos concertos no campo onde se fazia os primeiros anos. Há que voltar às origens.
Pero a miña dúbida é: por qué escribides (escribimos) en portugués se a nosa lingua é o galego. Non desfagamos a nosa lingua por politiqueo.
Vémonos en Vimianzo este sábado!
Pois que bem que venham Lajeiros...!
Por que em normativa de além Minho?
Pois, porque, como ti muito bem dizes, hà que voltar às origens...
Saude e Festa!
Aperta.
boeno... en breve arranco para vimianzo, haber como vai esa festa, que vou por primeira ves...espero pasalo ben, xa vos contarei!
Esperamos-te, amigo...!!!!!
Enviar um comentário